Nesta mañá de domingo, unha boa representación do noso alumnado dábase unha cita co deporte na 47 edición da Carreira Pedestre da nosa cidade.
Non luciu o sol, pero si os sorrisos dos nosos atletas entrando en meta conseguindo os seus obxectivos. Unha mención especial a Adrián Rodríguez Barril, de 5°A de primaria, subindo ao podio como 3° clasificado na súa categoría.
Parabéns a todos porque citarvos co deporte nunca vos ha pesar, ánimo e a seguir coa vosa práctica deportiva!