VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS 2ºEP

  • 06 de novembro de 2026

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS 2ºEP

Unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros!

O alumnado de 2.º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer o traballo dos bombeiros e descubrir a importante labor que realizan cada día.

Aprendemos como actuar ante unha emerxencia, a importancia de manter a calma e, sobre todo, de lembrar un número fundamental: o 112.

Ademais, percorremos as instalacións, coñecemos onde descansan e adestran para estar sempre preparados e ata puidemos baixar pola famosa barra dos bombeiros!

Para rematar, agasalláronnos cun libro e cun gorro de recordo.

Moitas grazas por recibirnos con tanto agarimo e por ensinarnos unha profesión tan importante e solidaria!





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets