EDUCACIÓN VIARIA EN 6º PRIMARIA

  • 16 de abril de 2018

EDUCACIÓN VIARIA EN 6º PRIMARIA

O pasado 3 de abril, os alumnos e alumnas de 6º de primaria asistimos no recinto Ferial de Amio a unhas clases teórico-prácticas sobre Educación Viaria impartidas pola Policía Local de Santiago.

Na parte teórica, estivemos cun policía local que nos explicou moitas normas sobre circulación de vehículos, bicicletas e peóns, o significado de moitas sinais, medidas de seguridade que debemos adoptar, etc.

Na parte práctica, estivemos con outros policías nun circuíto aplicando todo o aprendido. Neste circuíto, cheo de sinais, semáforos, rotondas… uns rapaces circulaban en bicicleta, outros en karts e outros paseaban como peóns apuntando todas as infraccións cometidas polos “temerarios condutores”.

Outra parte moi interesante foi un taller que tiñan montado uns monitores de Decathlon, no que nos ensinaron medidas de seguridade para cando vaiamos en bici, as partes importantes do casco, etc.

Foi una mañá moi produtiva e divertida!!

 

 

 

 





@cole_remedios tweets