PESCANDO CÉLULAS

  • 16 de maio de 2018

PESCANDO CÉLULAS

O noso centro recibiu hoxe a visita de dous grandísimos investigadores. Trátase de Miguel Abal e de Alexandre de la Fuente, os cales, dende hai tempo, traballan a reo para avanzar no mundo da oncoloxía.

Para iso están inmersos en proxectos como a campaña da Biopsia Líquida (Grupo Oncomet) e a implementación dun novedoso método de captura de células tumorais en determinados cancros localizados (Nasas Biotech)

O noso colexio é ademáis unha parte activa no campo da Biopsia Líquida xa que, durante a festividade do Entroido, organizamos un photocall solidario cuxa recadación foi destinada a colaborar co grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do IDIS (ONCOMET)

A Biopsia Líquida trátase dun mecanismo de detección precoz da enfermidade mediante o análise do sangue, o cal suporía un paso de xigante no gallo da ciencia a nivel mundial.

Xuntos viaxamos polo interesante ecosistema dun laboratorio co obxectivo de achegarnos a este mundo apaixoante. Coas súas grandes dotes de comunicadores puxéronnos ao día de tódolos avances acontecidos nos últimos tempos, enchendo de optimismo esta loita que a sociedade mantén coa terrible enfermidade.

Comprendemos tamén como é a idiosincrasia dunha célula infectada, como se comporta, de que xeito interacciona co resto de elementos do noso corpo e, sobre todo, plantexamos hipóteses co fin de aportar solucións.

Descubrimos tamén que entre nós agóchanse enormes talentos, os cales, quen sabe, poden pertencer ao campo da investigación nun futuro non moi lonxano.

Sentímonos moi orgullosos de ser partícipes do voso gran traballo.

Gracias por todo e até moi pronto!

 

 





@cole_remedios tweets