PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN VIII FESTIVAL DE PANXOLIÑAS ESCOLAS CATÓLICAS

  • 20 de decembro de 2018

PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN VIII FESTIVAL DE PANXOLIÑAS ESCOLAS CATÓLICAS

Escolas Católicas de Galicia organiza, con motivo do Nadal, un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar primordialmente entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, tan típicos da nosa cultura, en idioma galego.

O Colexio Plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios participou cun grupo de rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria e acadou o PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN EN PRIMARIA coa panxoliña: Baba Yetu. O festival tivo lugar o venres 14 de decembro no salón de actos de La Salle. Foi unha experiencia fantástica subirse ao escenario para atoparse cun auditorio cheo de xente. O Colexio recibe así por segundo ano consecutivo este premio no festival na súa octava edición.

Xa podedes escoitar na páxina web a actuación no festival.

Noraboa aos alumnos participantes así como ao profesor Brais polo traballo realizado.





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets