QUE GLORIA O PORTICO! 2ºESO

  • 13 de febreiro de 2020

QUE GLORIA O PORTICO! 2ºESO

Hoxe puidemos sentir a Gloria feita pedra que recibe en Compostela aos peregrinos de todo o mundo!!

 

Somos o colexio de Santiago que máis preto está da catedral, de feito temos vistas da berenguela desde a nosa biblioteca. Así que hoxe os alumnos de 2 de ESO tiveron a mellor clase do mundo sobre o románico e o seu tránsito ao gótico. Visitaron o pórtico da Gloria onde puideron observar a xenialidade feita pedra. Unha pedra modelada polo Mestre Mateo e o seu obradoiro. Xenio que fai que a pedra nos fale case 900 anos despois. Podemos observar o sorriso de Daniel, o sufrimento dos pecadores , os xustos coa súa forma de nenos salvados polos anxos. Aos apóstolos falando entre eles e aos anciáns do apocalipse afinando os seus instrumentos. No medio Santiago recibindo e achegando o perdón e enriba de todos a gran figura, Cristo en maxestade amosando os seus estigmas rodeado dos evanxelistas, dos xustos e dos símbolos do seu Vía Crucis lembrándonos o sufrimento padecido. Os alumnos puideron gozar da restauración que volveu rescatar do pasado parte da cor marabillosa desta magna obra.
Tras o pórtico contemplamos o Pórtico das Platerías e entramos no templo onde a pesar da andamiaxe (están restaurando a catedral) puidemos abraiarnos de tanta beleza pétrea. Abrazamos ao apóstolo e contemplamos o seu relicario. Na volta ao colexio fixemos unha parada para visitar a Santa María de Salomé, igrexa adicada á nai do apóstolo.
Foi unha visita incrible onde os rapaces puideron poñer en práctica os coñecementos acadados na aula e aínda que xa viran imaxes e vídeos, quedaron pétreos eles tamén ao ver a beleza acadada polo mestre Mateo.
Como anécdota, máis dun quedou coas ganas de darlle un croque ao mestre Mateo para que lle bote unha man nos exame

 





@cole_remedios tweets