Nin por defecto nin por exceso!
Unha autoestima ben colocada, querernos a nós mesmos e sentirnos importantes, son aspectos claves para unha boa saúde mental.
Na materia de BIOLOXÍA de 3° ESO, estudamos a ALIMENTACIÓN como proceso voluntario e consciente. Pero ás veces en torno a ela xorden problemas, dificultades e acábase tendo unha mala relación con ela.
Falar abertamente dos trastornos da conduta alimentaria, despexar dúbidas e traballar a autoestima son temas transversais dos contidos desta materia que non podemos obviar.
Velaí algunhas cousiñas que fixemos...
Dinámicas de corporeidade para tomar conciencia do noso corpo, do noso físico, da parte de fóra, valoramos A NOSA SILUETA.
Pero tamén caemos na conta da importancia que tén a persoa que levamos dentro, de querernos, de autocoidarnos por fóra e por dentro.
Nutrimos a nosa autoestima sentíndonos ben facendo sentir ben aos demais.
O noso COFRE MÁXICO amosounos que somos a personaxe máis importante da nosa vida.
Os SOBRES con chutes de autoestima fixéronnos medrar por dentro e cohesionámonos como grupo.
Rematamos a semana degustando o té da autoestima.
Parabéns rapaces por responder con seriedade e madurez a unhas clases diferentes, sen libro nin pizarra.