"DRAMAS DE PAPEL" DE PRIMARIA A INFANTIL

  • 10 de febreiro de 2022

"DRAMAS DE PAPEL" DE PRIMARIA A INFANTIL

Onte tivemos unha tarde diferente!

Grazas á colaboración da ANPA que nos proporcionou uns kamishibais feitos por un artesán.

Sabedes o que é?

 

Kamishibai, literalmente significa "drama de papel", trátase dunha forma de contar historias orixinaria dos templos budistas de Xapón. Deste xeito combinaban historias con ensinanzas morais para a xente que non sabía ler nin escribir.

A nós veunos moi ben para traballar a oralidade, falar en público e mellorar a nosa dicción.

Así o fixo o noso compañeiro Joel de 4º de Primaria, coas súas dotes artísticas interpretounos aos compañeiros da clase e a un grupo de Educación Infantil a historia do Gato Negro e como cambiou a súa vida.

Moitas grazas Joel!





@cole_remedios tweets