CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

  • 23 de febreiro de 2022

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

Nas distintas etapas houbo actividades para lembrar a nosa escritora máis célebre.

En Infantile Primaria o alumnado  realizou debuxos, poemas, retratos ...

Se queredes ver estas actividades PREMEDE AQU

íOs alumnos de EPV de cuarto da ESO celebraron hoxe o día de Rosalía de Castro facendo unha lectura ilustrada do poema "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro morta" de Federico García Lorca.

Primeiramente ilustraron o poema coa técnica da acuarela na clase e máis tarde presentárono aos seus compañeiros da ESO e primaria. Nos vindeiros días continuarán a súa peregrinaxe poética polas clases que hoxe non alcanzaron a chegar.

Para a presentación empregaron un "Kamishibai", antiguo teatriño utilizado nos templos budistas nipóns no século XII, combinando deste xeito a cultura galega coa andaluza, na figura de Lorca, e coa xaponesa.

Se queredes ver como quedou a presentación PREMEDE AQUÍ

Bo día de Rosalía a todos!

 

 





@cole_remedios tweets