En todo o colexio escoitouse algarabía e sons de troula, aturuxos, cancións , e moitos , moitas risas!!
INFANTIL:
Os nenos e nenas de educación infantil fomos os encargados de abrir boca e recuperamos a tarde de xoves o noso tradicional pasarrúas para lucir os nosos disfraces.
Este ano no cole decidimos disfrazarnos de personaxes literarios, e nós escollemos, como non podía ser doutro xeito, os contos.( podédelso ver na galería de imaxes)
Porquiños, ratiños detrás do frautista de Hamelín, Carapuchiñas vermellas e lobos feroces saíron a encher de ledicia as rúas de Compostela!
Se queredes ver o vídeo coas imaxes dos disfraces PREMEDE AQUÍ
PRIMARIA:
Ao igual que Infantil, cun mesmo centro de interese: personaxes de contos e literatura, presentouse o Entroido.
É unha enorme satisfación ver como disfrutan das máscaras e disfraces.
Expresión corporal e artes escénicas, una competencia que quedou ben traballada ao longo destes días.
Agora a seguir celebrando estas vacacións!
Se queredes ver o vídeo coas imaxes dos disfraces PREMEDE AQUÍ
SECUNDARIA:
Xa chegou a entroido!! e na ESO escolleron unha temática por clase, dende piratas aos animais da Arca de Noe, pasando polas Tanxugueiras e o Antigo Exipto Tivemos un acto real, real de Rei, con xornalistas, gardaespaldas e todo!!
Ademais dun concurso de cpmparsas , celebramos a nosa ledicia por Compostela, compartido a nosa troula coa veciñanza , en concrero a da zona vella,. Acabamos por "tomar" a praza da Quintana onde concurriron todas as comparasas.