VIVA O ENTROIDO!!

  • 25 de febreiro de 2022

VIVA O ENTROIDO!!

En todo o colexio escoitouse algarabía e sons de troula, aturuxos, cancións , e moitos , moitas risas!!

INFANTIL:

Os nenos e nenas de educación infantil fomos os encargados de abrir boca e recuperamos a tarde de xoves o noso tradicional pasarrúas para lucir os nosos disfraces.

Este ano no cole decidimos disfrazarnos de personaxes literarios, e nós escollemos, como non podía ser doutro xeito, os contos.( podédelso ver na galería de imaxes)

Porquiños, ratiños detrás do frautista de Hamelín, Carapuchiñas vermellas e lobos feroces saíron a encher de ledicia as rúas de Compostela!

Se queredes ver o vídeo coas imaxes dos disfraces PREMEDE AQUÍ

PRIMARIA:

Ao igual que Infantil, cun mesmo centro de interese: personaxes de contos e literatura, presentouse o Entroido.

É unha enorme satisfación ver como disfrutan das máscaras e disfraces.

Expresión corporal e artes escénicas, una competencia que quedou ben traballada ao longo destes días.

Agora a seguir celebrando estas vacacións!

Se queredes ver o vídeo coas imaxes dos disfraces PREMEDE AQUÍ

 

SECUNDARIA:

Xa chegou a entroido!! e na ESO escolleron unha temática por clase, dende piratas aos animais da Arca de Noe, pasando polas Tanxugueiras e o Antigo Exipto Tivemos un acto real, real de Rei, con xornalistas, gardaespaldas e todo!!

Ademais dun concurso de cpmparsas , celebramos a nosa ledicia por Compostela, compartido a nosa troula coa veciñanza , en concrero a da  zona vella,. Acabamos por "tomar" a praza da Quintana onde concurriron todas as comparasas.

 

 





@cole_remedios tweets