EDUCACIÓN VIAL

  • 29 de marzo de 2022

EDUCACIÓN VIAL

A Educación Vial, un eixe transversal do currículo.

Esta mañá, os nenos e nenas de sexto, fomos a Amio para recordar as normas de educación vial que aprenderamos previamente en cuarto. Desta vez, tivemos a oportunidade de repasar os sinais de tráfico coa policía, tanto de xeito teórico como práctico. A actividade foi moi amena e unha forma moi segura de aprender. Puxémonos na pel tanto dos peóns, coma dos conductores mediante un circuito pechado no que tivemos que circular segundo as normas, con bicicletas e camiñando. Finalmente agasallóusenos cun xogo de mesa para seguir practicando as normas dende as nosas casas.





@cole_remedios tweets