Como ben sabedes... despois da sementeira toca a recolleita!
Pois algo así foi o que fixemos nestas últimas sesións do noso proxecto de Aprendizaxe Servizo.
Sementamos os microorganismos das nosas mostras de solo en distintos medios de cultivo e aillamos moitos e moi variopintos tipos de colonias.
Temos toda a nosa esperanza posta en que algunha delas producirán algunha sustancia capaz de inhibir o crecemento doutras bacterias.
Confiamos en que teremos halos de inhibición, e seredes os primeiros en velos!