OLLO cos ollos!

  • 30 de marzo de 2022

OLLO cos ollos!

Clase de BIOLOXÍA de 3°ESO na facultade de ÓPTICA e OPTOMETRÍA

Se padeces do corazón ou sofres de hipertensión non continúes a ler, hai imaxes que poden causar sensacións fortes e risco de infarto.

Clase de BIOLOXÍA de 3°ESO na facultade de ÓPTICA e OPTOMETRÍA, enmarcada dentro do programa de divulgacion científica do grupo de innovacion docente Bioluz da USC e o grupo de divulgacion USCOSA-EPS.

Aprendemos experimentando a estrutura do ollo e a súa crucial función na visión e na sincronización vital nos ciclos de sono e vixilia. Aspectos todos eles moi importantes para unha boa hixiene do sono na nosa etapa adolescente.

Puidemos entender como ve un ollo emétrope, hipermétrope, miope e astigmático.A fase de experimentación animal foi forte pero divertida.

O que está claro é, que o que se escoita esquécese, o que se ve recórdase,  e o que se experimenta apréndese.

Moitas grazas aos profes e alumnos de doutoramento da facultade de Óptica e Optometría.

Foi unha oportunidade excepcional para aprender!





@cole_remedios tweets