Durante as xornadas culturais na ESO, os alumnos/as realizaron unha morea de actividades que foron desde charlas informativas, exhibición canina, Numax na escola, visitas ao Parlamento, Parque de Bombeiros, Catedral (museo e cubertas), exposicións na Cidade da Cultura, xincanas, xornadas deportivas, andainas... Unhas xornadas con moitísima actividade que rematamos coa lectura do manifesto e ofrenda floral á nosa Rosalía na Alameda con motivo da celebración do día das Letras Galegas.