Cáritas "Proxecto aulas".
Despois do éxito do mercadillo da pasada semana, hoxe tocou facerlle entrega do noso donativo ao Proxecto de Aulas de Cáritas Interparroquial de Santiago.
O resultado obtido, 1008 euros, xa están nas mans axeitadas para seguir poñendo en práctica o voluntariado co que axudan a tantos nenos e nenas a mellorar a súa educación.
Dende o colexio de fillas da Caridade a Cáritas, porque onde hai caridade e amor, alí está Deus!