CAMIÑO de SANTIAGO PRIMARIA
Todos os alumnos de primaria partimos estes días desde o Monte do Gozo para facer unha pequena etapa do Camiño.
Levamos as nosas mochilas cheas de ilusión, ledicia, fe, esforzo e amizade.
Unímonos a moitos peregrinos que coma nós van camiñando cara Xesús...Camiñando para servir.
Queremos expresar o noso agradecemento aos membros de Protección Civil que nos acompañaron dándonos seguridade na nosa andaina.
Bo camiño!