Na mañá de hoxe os alumnos de Bioloxía de 4° ESO saimos da aula para visitar a Feira de Biotecnoloxía na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Alí alumnos de máster de Enxeñaría Química déronnos a coñecer moitas das aplicacións dos microorganismos no eido da biotecnoloxía.
Foi unha boa oportunidade para socializar co ambiente universitario e coa nosa contorna, ao mesmo tempo imos abrindo portas que poden orientarnos no noso futuro académico.
Unha xornada diferente e moi instructiva.