MAGOSTO NOS REMEDIOS
Despois de varios anos sen poder celebrar o Magosto, toda a Comunidade Educativa dos Remedios, xuntámonos de novo para compartir unhas castañas e uns chourizos, mentres bailamos ao ritmo do DJ Moncho (grazas á colaboración da ANPA). Os alumnos e alumnas de 4° da ESO tamén participaron vendendo merendas con biscoito de elaboración propia para recaudar fondos para a súa excursión de final de curso (mañá venderán do que sobrou así que levade unhas moediñas para os recreos da ESO).
Grazas a todos e todas os que participastes nesta tarde de encontro, ledicia e boa compañía.