3 de novembro, Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar
Con este motivo, durante a semana pasada, os alumnos dende 5° de primaria ata 2° da ESO tiveron unhas charlas sobre ciberseguridade e acoso impartidas pola Policía.
Nos cursos máis baixos, traballamos a través do conto "¡Ponte mis gafas!", por iso despois, os nenos e nenas fixeron uns lentes para poder ver os malos comportamentos cos demais compañeiros e así poder eliminalos do noso cole.
É unha loita de todos!