Hoxe, día contra a Violencia de Xénero, os alumnos de 4 da ESO tiveron unha charla moi interesante a cargo da policía.
Informoulles dos sinais que deben servir de alarma para detectar cando se está a sufrir este tipo de violencia: control excesivo de con quen se fala, con quen se anda, os contrasinais das redes sociais...
Parar a Violencia de Xénero é cuestión de TODOS, non quedes quieto, non a tapes, non sexas cómplice.