Os nenos e nenas das clases de 3 anos tivemos unha xornada moi invernal.
Xa que, a pesares das baixas temperaturas que nos acompañan estes días, seguimos sen ver a neve, decidimos facer neve artificial na clase!
Experimentamos coa textura, coa temperatura e tamén realizamos trasvases con temática de inverno.
A través destas actividades, á vez que nos divertimos, traballamos contidos e exercitamos a nosa motricidade fina.