ESCOLA NAS RÚAS
A rúa é un bo lugar de aprendizaxe e máis, se o colexio está nun enclave tan privilexiado coma o noso con tanto que visitar ao arredor. Así os alumnos de 1°, 2° e 3° de EP fomos traballar os contidos das diferentes materias, pero ao aire libre.
- Os de 1° buscamos e escribimos os nomes das rúas, prazas... lembrando a norma das maiúsculas.
- Os de 2° fomos na procura de animais vertebrados á Praza de Abastos e nos diferentes monumentos, para facer unha chuvia de ideas antes de comezar o tema en Naturais.
- Os de 3° repasaron os sinais de tráfico e as normas de circulación viaria que xa trataran en Sociais e coa ruta desta mañá, xa quedaron clariñas.
Aprendemos mentres nos divertimos, que mellor maneira!