DÍA DA PAZ
Como non imos ser construtores de PAZ cando ese é o lema do noso obxectivo xeral anual?
Todos os días, pero hoxe dun xeito especial, celebramos xuntos todo o colexio a xornada pola non violencia e a PAZ.
Con moito frío, pero unidos, puxemos todo o noso empeño para encher as nosas mochilas con actitudes que nos fagan ser sementadores de PAZ.
Non faltou a música de Me gusta la VIDA e as ondas que xa son parte esencial das nosas celebracións colectivas.