DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

  • 13 de febreiro de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con motivo desta efeméride celebrada o pasado sábado día 11 de febreiro, o alumnado de 3° ESO tivemos unha clase de física- química diferente.

Estivo con nós unha muller de ciencia: Patricia Sanmartín, investigadora Ramón e Cajal na USC.

Grazas a súa charla, abriunos os ollos e puidemos ver como a química pode ter unha aplicación directa na arte e conservación do Patrimonio da nosa cidade.

Explicounos conceptos como BIORREMEDIACIÓN, BIORRECEPTIVIDADE E BIODETERIORO facendo un bo símil con "El bueno, el feo y el malo".

Resulta interesante aprender ata onde pode chegar a química que nos toca estudar este curso!





@cole_remedios tweets