CHARLA ORIENTACIÓN
Na sesión de titoría na mañá de hoxe, o alumnado de 4° de ESO recibiu unha charla para dar resposta a unha pregunta que ilusiona pero tamén xera inquedanzas: e despois de 4° ESO, QUE?
Emma Castiñeiras, a nosa orientadora informounos do enorme abano de posibilidades que existe e ante o cal han de tomar unha decisión ben formada, responsable e con sensatez.
Todas e cada unha das modalidades de bacharelato, ciclos formativos de formación profesional, probas de acceso... foron explicadas con esmero.
Decidir con sentidiño leva implícito contar cunha boa información e formación ao respecto.
E todos saben que ante calquera dúbida, o departamento de orientación segue ao seu carón para acompañar en tan importantes decisións.
Hoxe ás 19:00 h tocaralle o turno de orientación ás familias! Non vos esquezades de asistir a esta importante cita!