Hoxe o alumnado de 3º ESO acudiu ao Auditorio de Galicia para ver a obra MÚSICA E EVOLUCIÓN. Gozaron dunha interpretación singular, onde a evolución da nosa especie se ligou coa música.
Pablo Carpinteiro Arias, presentador e músico máis Rosa Sánchez, cantante e percusionista, leváronnos dende o útero materno ata a vida adulta, explicándonos a raíz da música, a súa simboloxía así como a súa función.
Todo iso coa interpretación de pezas musicais cantadas e acompañadas de moitos instrumentos que fixeron a delicia de todas as persoas do auditorio.
Un auténtico pracer para os sentidos e as ánimas, unindo emoción e entendemento. Parabéns a esta parella de artistas!!