COCIÑA ECONÓMICA
Hoxe os nenos e nenas de 1°e 2° de E.P. fixemos unha saída para coñecer de preto a realidade das persoas máis necesitadas.
Acompañados por Sor Alicia, Filla da Caridade e pertencente á gran familia vicenciana, fomos percorrendo as distintas instalacións deste servizo.
Moitas grazas pola vosa amabilidade, atención e agarimo co que nos tratastes.