DÍA DA MULLER 6° PRIMARIA
Hoxe os alumnos e alumnas de sexto tivemos o testemuño de tres mulleres magníficas que nos contaron sobre o seu traballo. Comezamos por unha celadora (traballo que empezou sendo de homes) que segue estudando; unha xestora e política que afirma que o seu mellor traballo é ser nai; e unha Filla da Caridade e mestra.
Moitas grazas a Lorena (nai de Lola), a Oliva (nai de Laura) e a Sor Chus por contarnos a súa experiencia.
Quén mellor para dar exemplo que persoas tan achegadas a nós coma as nais e as mestras que fan termar da importancia das mulleres na sociedade.