Rebeca, unha MULLER especial!
Exalumna do colexio, dende hai 12 anos traballando e coidando de nós e hoxe co seu testemuño, falounos na clase bioloxía da súa doenza.
A ESCLEROSE MULTIPLE e as doenzas dexenerativas do sistema nervioso foron contidos desta avaliación, e que mellor que facérnolos chegar desde a experiencia propia vivida en primeira persoa.
Cando o currículo de 3° ESO se aprende deste xeito, apréndese máis e mellor porque chega tamén aos nosos corazóns.
Moitas grazas Rebe por adicarnos o teu tempo e facernos máis sensibles a este tipo de doenzas das que ninguén estamos libres de padecer.