OBRA DE TEATRO
Este martes 14 de Marzo os estudantes de 2º de ESO fomos ao Teatro Principal para ver “A parábola do angazo”. Que sorte tan inmensa que o noso centro esté situado no corazón de Compostela!
Trátase dunha representación do grupo Talía na cal se expoñen, en ton humorístico, algúns aspectos da lingua galega durante a historia. Aprendemos, pois, a valorar un pouquiño algo moi noso e que estamos a perder: o noso idioma.
Longa e feliz existencia!