MICROMUNDO 2023
Unha boa representación do alumnado de Bioloxía de 4°ESO comezou co seu proxecto de aprendizaxe servizo no laboratorio de microbioloxía da facultade de farmacia.
Hoxe tocou sementeira despois de facer dilucións seriadas das súas mostras de solo.
Abofé que han medrar moitas e variadas colonias de microorganismos que nos irán sorprendendo nos vindeiros días.
Xa vos iremos contando...