UN POUCO DE HISTORIA...
Alá polo ano 2013 o Colexio dos Remedios recibía un premio de Innovación Pastoral outorgado por Escolas Católicas.
A "culpable" deste premio foi a nosa actual directora Anxos, quen tivo a ben innovar e renovar un pouco a pastoral do centro.
Desde esa data, e xa vai unha década, grupiños de alumnos de 4° de ESO acompañados de profes, facemos unha pequena aproximación ao voluntariado colaborando na Cociña Económica:
cumio da obra social das Fillas da Caridade na cidade de Santiago.
Un momento na tarde dos venres é moi boa ocasión para caer na conta de que...
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”. Eduardo Galeano.