21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE
O alumnado de 6º de E.P. participou dunha maneira activa nesta conmemoración. Segue sendo necesario destacar un día do noso calendario para concienciar da importancia que ten o medio ambiente, pois o coidado do Planeta debe ser cousa de todos. Para iso, da man do noso profe Diego, estudamos unha árbore que a pesares de non ser autóctona -o Ginkgo biloba- xa forma parte da nosa contorna. A súa simboloxía como “portador de esperanza” serviunos tamén para relacionalo cos contidos de ciencias sociais, pois este fósil vivente resistiu a conflitos como a 2ª Guerra Mundial. Sabiades que en Santiago de Compostela conservamos o Ginkgo máis antigo de España? Rétovos a que o descubrades vós mesmos! Coñecer a historia desta especie foi posible a través de noticias de prensa que traballamos en grupo e, sobre todo, xerminar sementes das que nacerán novas especies!
CONSERVAR A NATUREZA É COUSA DE TODOS!