2° ENCONTRO ESCOLA MÁXICA-
ESCOLA DE FAMILIAS.
E como estamos na Semana Cultural do colexio, non quixemos deixar pasar a oportunidade de convidar ás familias e profes a unha charla - coloquio sobre o uso das novas tecnoloxías e redes sociais. Agradecemos a presenza de expertos no tema coma o Delegado de Participación Cidadá e o responsable desta área en Santiago da Policía Nacional, a Directora de desenvolvemento tecnolóxico e protección de datos da empresa Didoseg Documentos e o filósofo Carlos Noya. Para rematar, un café compartido acompañado dunha boa conversa cos participantes!