XORNADAS CULTURAIS - 2023

  • 31 de marzo de 2023

XORNADAS CULTURAIS - 2023

Rematou a semana cultural e con ela as múltiples actividades que se levaron a cabo en todos os ciclos dentro e fora do colexio.

Charlas, visitas, museos, saídas culturais, xincanas, xornadas deportivas, andainas, viaxes inesquecibles, déronse cita durante estes días de celebración no colexio.

Moitas destas actividades permanecerán no recordo dos nosos alumnos/as como pegadas de experiencia vital que os acompañará por sempre.

Grazas a todos/as os colaboradores, organizadores, acompañantes, profesorado e alumnado pola vosa implicación e colaboración, sen ela non sería posible todo isto.

Agora toca desfrutar dunhas máis que merecidas vacacións!!!





@cole_remedios tweets