Foi posible e fíxose realidade!
Nos Remedios non hai que nos pare, porque cando nos propoñemos algo, acadámolo!
Hoxe o paseo central da Alameda de Santiago estivo ateigado de espírito vicenciano.
Contábase por centos ao noso alumnado, acompañados de familias e profesorado.
Entre nós fíxose presente a nosa Virxe Milagrosa que non nos fallou: o tempo estivo garantido ata o final da carreira coa entrega de premios por categorías e á clase máis solidaria.
So temos palabras de gratitude por tanta xenerosidade posta en xogo.
Graciñas a todos os nosos colaboradores: EROSKI, FRUTAS BARREIRO, EDITORIAL SM, PRADO TOURS, EDITORIAL XERAIS, VICENTE DOMÍNGUEZ e como non ao CONCELLO DE SANTIAGO e á FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO pola súa axuda inestimable.
Moitas grazas á ANPA, a todas as familias e ós exalumnos que participastes.
A través do deporte sementamos valores, facemos colexio e todos, absolutamente todos, gañamos un gran premio á SOLIDARIEDADE!
Ata a próxima edición e a continuar con hábitos de vida saudables!
https://fb.watch/lyEaQDYf0i/