INFORMACIÓN SOBRE O PRIMEIRO DÍA DE CLASE :11 SETEMBRO

  • 01 de setembro de 2023

INFORMACIÓN SOBRE O PRIMEIRO DÍA DE CLASE :11 SETEMBRO

 

Un ano maís , tras o descanso e o goce do verán volve o tempo dd .... VOLTA AO COLE!!

Estimadas familias:

 

Falta moi pouco para o inicio do novo curso 2023-2024, e por este motivo queremos poñernos en contacto convosco e trasladarvos algunha información que é do voso interese.

- O curso dará comezo o día 11 de setembro para Educación Infantil, Primaria e ESO.

- No momento da entrada as familias poderán acompañar aos/ás nenos/as ao patio. Para conseguir a maior fluidez posible pregamos ás familias que unha vez os/as nenos/as sexan recollidos/as polos/as titores/as deixen o recinto para recibir ao alumnado das outras etapas educativas. En caso de choiva, o alumnado será recollido na porta do centro polos/as titores/as.

- Non é necesario neste primeiro día que o alumnado traia libros de texto.

- O calendario e horarios do curso escolar 2023-24 estarán ao voso dispor a partires da vindeira semana na páxina web e no taboleiro do centro, así como nas circulares enviadas pola Plataforma Educamos.

- O servizo de comedor, transporte escolar e madrugadores funcionará con normalidade dende o primeiro día de clase (11 de setembro). No caso do transporte escolar, as familias usuarias deberán contactar coa empresa responsable ante calquera dúbida ou consulta.

- Ao longo do mes de setembro informarase (mediante circular, no taboleiro de entrada e na web) da oferta e matrícula de actividades extraescolares.

- As xuntanzas de inicio de curso entre titoras e familias serán:

  • INFANTIL (4 e 5 anos): Xoves 7 de setembro ás 17:00.  Entrada: Porta Rúa San Antonio.
  • INFANTIL (3 anos) Xoves 7 de setembro ás 16:00. Entrada: Porta Rúa San Antonio.
  • PRIMARIA (1º e 2º): Mércores 6 de setembro ás 16:30. Entrada: Porta Rúa das Orfas.
  • PRIMARIA (3º e 4º): Mércores 6 de setembro ás 16:00. Entrada: Porta Rúa das Orfas.
  • PRIMARIA (5º e 6º): Xoves 7 de setembro ás 16:00. Entrada: Porta Rúa das Orfas.
  • ESO: As reunións terán lugar na semana do 18 ao 22 de setembro. Enviarase convocatoria ás familias con antelación.

Podedes consultar os horarios do primeiro día nas seguintes páxinas. Se tedes calquera dúbida podedes contactar coa secretaría do centro.

 

HORARIOS DO PRIMEIRO DÍA (11 DE SETEMBRO)

EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO

CURSO 2023/2024

1. - EDUCACIÓN INFANTIL

 

EDUCACIÓN INFANTIL – PRIMEIRO DÍA 11 DE SETEMBRO

CURSO

DÍA

ENTRADA

SAÍDA

LUGAR DE ENTRADA/SAÍDA

4º Ed. INFANTIL

11 de setembro

11:00 h.

12:00 h.

Porta San Antonio

5º Ed. INFANTIL

11 de setembro

10:10 h

13:15 h

                    Rúa das Orfas

6º Ed. INFANTIL

11 de setembro

10:10 h

13:15 h

6A Infantil -Porta de San Antonio

6B Infantil- Rúa das Orfas

  • Os cursos de 5º e 6º de Educación Infantil terán a partir do martes 12 o horario habitual de setembro.

 

* IMPORTANTE: Se algunha familia ten dificultades para conciliar co horario de saída no primeiro día, poderá recoller aos/ás nenos/as ata ás 14:30 h. avisando previamente aos/ás titores/as.

 

2.- EDUCACIÓN PRIMARIA

 

EDUCACIÓN PRIMARIA - PRIMEIRO DÍA 11 DE SETEMBRO

CURSO

DÍA

ENTRADA

SAÍDA

LUGAR DE ENTRADA/SAÍDA

1º Ed. PRIMARIA

11 de setembro

9:50 h

13:30 h

Porta San Antonio

2º Ed. PRIMARIA

11 de setembro

9:40 h

13:30 h

Porta San Antonio

3º Ed. PRIMARIA

11 de setembro

9:30 h

13:30 h

Rúa das Orfas

4º Ed. PRIMARIA

11 de setembro

9:50 h

13:30 h

Porta San Antonio

5º Ed. PRIMARIA

11 de setembro

9:40 h

13:30 h

Rúa das Orfas

6º Ed. PRIMARIA

11 de setembro

9:30 h

13:30 h

Rúa das Orfas

  • Todos os cursos de Educación Primaria terán a partir do martes 12 o horario habitual de setembro.

 

* IMPORTANTE: Se algunha familia ten dificultades para conciliar co horario de saída no primeiro día, poderá recoller aos/ás nenos/as ata ás 14:30 h. avisando previamente aos/ás titores/as.

3. - EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA -  PRIMEIRO DÍA 11 DE SETEMBRO

CURSO

DÍA

ENTRADA

SAÍDA

LUGAR DE

ENTRADA/SAÍDA

 

1º, 2º, 3º e 4ºESO

 

11 de setembro

10:30 h.

14:00 h.

Rúa das Orfas

• Todos os cursos da ESO terán a partir do martes 12 o horario habitual de setembro.

 

* IMPORTANTE: Se algunha familia ten dificultades para conciliar co horario de saída no primeiro día, poderá recoller aos/ás nenos/as ata ás 14:30 h. avisando previamente aos/ás titores/as.

 

 

 

 

Queremos trasladar desde o Equipo Directivo todo o noso ánimo e apoio para sacar adiante este novo curso escolar e agradecemos de antemán ás familias a confianza depositada no noso centro.

 

Un afectuoso saúdo-

 

 

 

 

 

 

 

 





@cole_remedios tweets