TI PODES FACER MAXIA!
Con esta frase pechaba Paula a súa intervención de hoxe, e non lle falta razón!
Esta mañá o alumnado de 3° ESO tivemos unha charla sobre DOAZÓN DE ÓRGANOS E TRASPLANTES, fíxonos pensar moito xa que en calquera intre, calquera de nós, pode precisar dun órgano para salvar a súa vida.
Algo que chamou poderosamente a nosa atención foi a importancia que tén ter falado de antemán coa nosa familia a nosa vontade de querer ser doantes.
O testemuño de Lola, trasplantada hai 21 anos, axudounos a caer na conta da grandeza da solidariedade e de canto pode axudar estar ben concienciados en torno a este tema. Deixounos abraiados!
Agradecemos á coordinación autonómica de trasplantes de Galicia ter visitado o noso colexio, tivemos unha clase de bioloxía diferente e que non esqueceremos.