MAGOSTO
E por fin celebramos o Magosto. Despois da tempestade sempre chega a calma e tras unhas semanas de chuvia que nos impediron celebralo antes, por fin saíu o sol.
Castañas, música, pintacaras, bolos preñados... e toda a ledicia na cara do noso alumnado rindo, bailando e desfrutando dunha tarde de xuntanza de toda a Comunidade Educativa.