BIOLOXÍA 3ºESO - MESA REDONDA ENFERMIDADES

  • 04 de decembro de 2023

BIOLOXÍA 3ºESO - MESA REDONDA ENFERMIDADES

MESA REDONDA SOBRE ENFERMIDADES

Levar o currículo da LOMLOE ás experiencias vitais é outra forma diferente de aprender máis e mellor.

Non estaban arredor dunha mesa redonda pero unha moi boa representación de toda a comunidade educativa: pai, nai, profesora, persoal de administración e servizos, alumna e ex alumnas, fixérono hoxe posible na materia de BIOLOXÍA de 3° ESO.

Os seus testemuños axudáronnos a entender diversos tipos de enfermidades coas que se pode convivir e ter unha vida normalizada.

Quedou ben clara a importancia de coidarse e de optar por estilos de vida saudables para sobrelevar mellor estas doenzas e tamén para a súa prevención.

Todo o noso agradecemento a Miguel, Celia, Esther, Lía, Rebeca e Nerea.

Foi unha clase de bioloxía moi especial grazas a vós!





@cole_remedios tweets