TARDES COLABORATIVAS COAS FAMILIAS
Chega o Entroido e coma todos os anos, o noso colexio escolle unha temática para disfrazarnos, desde os máis pequeniños aos maiores do colexio.
Este ano son as profesións e como vén sendo xa tradición, contamos coa axuda de pais e nais que nos botan unha man para facer os disfraces.
Os nenos desfrutan e as familias pasan un bo momento con eles.
Agradecémoslles toda a axuda.
Agora toca desfrutar da festa!