O alumnado de 3° ESO acudiu na mañá de hoxe a un verdadeiro espectáculo de ciencia no que dun xeito divertido, aprenderon e tiveron a oportunidade de espertar a súa inquietude científica.
Desfrutou duna sesión de monólogos científicos no auditorio da Consellería de Sanidade, un químico e unha bióloga tiveron a ben contarnos a ciencia a carcalladas.
Entre outras cuestións relacionadas cos ensaios clínicos, técnicas de edición xenética e un longo etcétera, quedou ben claro a importancia de saber ser crítico e discernir entre pseudociencia e ciencia.
Pensa como un protón, sé positivo foi unha máxima que nos gustou e que levamos no peto.
Se aprendemos desde o sentido do humor, retemos mellor!