MICROMUNDO 4º ESO

  • 09 de febreiro de 2024

MICROMUNDO 4º ESO

MICROMUNDO 2024

Nesta tarde de venres os potenciais microbiólogos que temos en 4° ESO quedaron abraiados na súa derradeira sesión de laboratorio do proxecto MICROMUNDO.

Fixeron recolleita duns espectaculares halos de inhibición que poñen de manifesto que nas súas mostras de terra hai microorganismos con potencial actividade bactericida. Podédelos ver nas instantáneas e a saber se serán os descubridores dunha REMEDIOSMICINA!!!

Facendo honor ao noso obxectivo do curso, xa nos conformamos con poñer con SINXELEZA algo da nosa parte na loita contra as resistencias bacterianas!

E para completar a nosa visita á facultade de farmacia, puidemos sementar e ver ao microscopio a nosa flora bacteriana que habita nas nosas bocas e unllas. Grazas a elas sobrevivimos!





@cole_remedios tweets