Visita ao Parlamento de Galicia 3º ESO
Na mañá de hoxe, o alumnado de 3º da ESO puido visitar o Parlamento de Galicia nunha actividade recollida dentro da semana cultural que tivemos que adiantar.
Por un día percorremos os corredores e ocupamos os espazos que normalmente empregan os representantes da cidadanía elixidos por sufraxio.
A parte de poder desfrutar das extensas obras de arte (unha das maiores pinacotecas de Galicia), a sala das letras galegas, a biblioteca e o pleno de sesións, os alumnos/as puideron subirse á tribuna de oradores e sentar nas butacas dos parlamentarios poñéndose así por un momento na pel dos representantes do pobo.
Lexislar, elixir ao presidente do parlamento, da comunidade, os secretarios etc, e controlar ao goberno son as tres funcións fundamentais que desenvolven os parlamentarios.
En definitiva, unha visita moi especial á casa común de todos/as os galegos/as.