Os alumnos e alumnas de 5° de primaria arrancamos a Semana Cultural facendo un roteiro pola zona vella da nosa cidade, imaxinando e coñecendo recunchos de tempos pasados.
Comezamos saíndo por unha das sete portas antigas da muralla da cidade, a porta da Mámoa, pasamos xunto a torre do noso colexio vista dende fora, polo arco de Mazarelos, único que se conserva desas sete portas da cidade, imaxinamos os mercados antigos, vimos como medían os peixes, recordamos a Sampaio, falamos da lenda do cruceiro, pasamos xunto a porta do camiño francés, por onde entraban os reis e os peregrinos, recorremos parte da muralla, bordeamos o mosteiro de San Martín Pinario, recoñecemos as 4 portas da catedral e o seu estilo arquitectónico,…
Un día cheo de coñecementos no casco antigo da nosa cidade.