Hoxe o alumnado de 2° da ESO puido desfrutar da maior xoia do Románico, a catedral de Santiago de Compostela.
Tamén aprenderon que ademais de templo foi fortaleza, que unha familia vivía nas cubertas e se comunicaban cunha campá co resto da catedral, que a cruz dos farrapos garda moitos segredos, que hai un recuncho moderno onde habita o infinito...e moitas cousas máis.
Moitas historias cunhas vistas incomparables á cidade e arredores dende o privilexio de estar polas alturas da Catedral.
Un saúdo para a nosa guía Claudia que tantas cousas contou e tan bo trato brindou.