CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  • 17 de maio de 2024

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

A xornada de hoxe no colexio foi do máis festiva. Deu comezo pola mañá coa lectura dun manifesto pronunciado polo alumnado da ESO a prol da defensa da lingua e da cultura galegas, diante da estatua de Rosalía de Castro na Alameda da cidade.

Houbo tamén a lectura duns textos da escritora homenaxeada neste curso 2024: Luisa Villalta.

Pola tarde, o alumnado de Infantil e Primaria celebrou no patio do colexio unha festa conxunta con bailes, cancións, poesías...ata que a choiva se fixo presente e tivemos que volver ás aulas.

É o que ten vivir en Santiago, pero con orgullo galego!





@cole_remedios tweets