Hoxe os nenos de 5° e 6° de EI, aproveitando o proxecto do 112 que estamos levando a cabo, visitamos as xornadas de prevención de incendios organizadas polo concello, no parque da Alameda.
Puidemos vivir de primera man como sería un incendio a través dunha casiña de fume, observamos e montamos en diferentes vehículos, vimos e probamos diferentes equipamentos... A guinda perfecta para poñer punto final ao proxecto que tanto nos gustou.