Despedida, confraternización e recoñecemento a moitos anos de traballo no colexio e na comunidade de Fillas da Caridade.
Entre bicos e apertas, con empanada e tortilla dabamos a benvida á xubilación de Celia.
Traballadora incansable, atenta e participativa no día a día do centro, mimo e coidado coas irmás maiores da comunidade, ... son algunhas das virtudes que sempre derrochou Celia cos que tivemos a sorte de compartir todos estes anos con ela.
Agora veñen tempos dun merecidísimo descanso e desconexión do mundo laboral.
Desexámoste unha xubilación con moita saúde e ánimo para seguir gozando da vida.
Botarémoste en falta, Celia!